O día 15 de
decembro tivemos unha clase cultural en inglés co alumnado da ESO. Recibimos a
visita do profesor Luke, natural de Liverpool, que nos ofreceu unha sesión
adaptada para 1º e 2º de ESO por unha banda e para 3º e 4º pola outra.
Os rapaces e
rapazas do noso centro aprenderon cousas interesantes sobre diversos países de
fala inglesa e a súa cultura, coma por exemplo que Barack Obama, o presidente
dos Estados Unidos, é de Hawai; que en Australia ás barbacoas chámaselles barbies e aos canguros pequenos joeys; ou que o inglés é a lingua
oficial de Barbados, India ou Xamaica entre outros países.
Durante as sesións
o alumano interactuou co profesor por medio de diversas actividades e xogos que
se realizaron na aula. Algúns incluso levaron un agasallo por contestar ben ás
preguntas que se lles facían.
O obxectivo desta actividade foi aproximar aos
estudantes á lingua inglesa dunha maneira lúdica, á vez que se lles
proporcionaron aspectos culturais e curiosos sobre os lugares nos que se fala.